Condicións Xerais de Venda

As presentes condicións regulan o proceso de compra dos produtos ofrecidos na tenda en liña dispoñible en www.xancampos.com, titularidade de Xan Campos Rey, con NIF 34976381V e domicilio en Rúa Eduardo Iglesias 8, 5ºC, 36202 Vigo (Pontevedra), en adiante O VENDEDOR.

A adquisición de calquera produto a través desta páxina web implica a aceptación plena e sen reservas das presentes condicións por parte do/a cliente.


1. Produtos

Na tenda en liña véndense discos físicos orixinais. Toda a información relativa aos produtos (prezos, características, dispoñibilidade…) está dispoñible de forma clara na web. O VENDEDOR resérvase o dereito de modificar en calquera momento os produtos ofrecidos e os seus prezos.


2. Prezos

Todos os prezos inclúen os impostos legalmente aplicables. Os gastos de envío calcúlanse no proceso de compra e indícanse antes de realizar o pagamento.


3. Procesamento do pedido

Unha vez recibido o pagamento, o pedido procesarase nun prazo máximo de 3 días laborables. O cliente recibirá unha confirmación por correo electrónico co resumo da compra.


4. Métodos de pagamento

O pagamento dos pedidos pode realizarse mediante:

  • Tarxeta bancaria (débito ou crédito)
  • Google Pay

O proceso realízase a través de plataformas seguras de pagamento. Os datos bancarios do/a cliente non serán almacenados polo VENDEDOR.


5. Envío

Os pedidos envíanse a través de Correos ou servizos de mensaxería privada, segundo a zona de destino. Realízanse envíos a todo o mundo.

O prazo estimado de entrega dependerá do país e do método de envío seleccionado, variando entre 2 e 10 días laborables para España, e máis tempo para envíos internacionais.

O VENDEDOR non se fai responsable de posibles atrasos imputables ao servizo de mensaxería ou aduanas.


6. Devolucións

Acéptanse devolucións unicamente nos seguintes casos:

  • Que o produto non fose aberto nin usado.
  • Que a devolución se solicite nun prazo máximo de 30 días naturais desde a data da compra.

O cliente deberá contactar previamente a través do correo electrónico facilitado na web (info@xancampos.com) para tramitar a devolución.

Os gastos de envío da devolución correrán a cargo do/a cliente, agás en caso de erro ou defecto imputable ao VENDEDOR.


7. Protección de datos

Os datos persoais recollidos durante o proceso de compra serán tratados conforme á Política de Privacidade, respectando a normativa vixente en materia de protección de datos.


8. Lexislación aplicable e resolución de conflitos

Estas condicións réxense pola lexislación española. En caso de conflito, as partes sométense aos xulgados e tribunais do domicilio do consumidor ou do lugar de cumprimento da obrigación contractual.